Conclúe o periplo do Dr. Frusna, compoñente de El Cinemanicomio, no Como Que Non?! e hoxe vai participar nun programa no que Dani Lorenzo presenta unha nova edición do Mundo Paquitof na que nos vai falar de productos que non tiveron sorte no mercado. J. Pablo Sangiao ofrece a segunda sección de O Criticador analizando a película Moulin Rouge. Ademais Pepe Capelán entra coa súa sección Capelán Conta, Alejandro Martínez "Pini" e as súas Efemérides Aleatorias, Carla Mañas, Fran Rodríguez e a música en directo de Sabela Cereijo e Andrés cunha que hoxe nos presentan unha versión moi especial do "Bésame Mucho". Todo isto e máis dirixido e presentado por Carlos Tresandí.