Como que non?

O CAMALEÓN


Listen Later

No terceiro episodio da 5G do Como Que Non?! Carlos Tresandí despide o paso de María Xosé Rodríguez, non sen antes convidala a formar parte do novo Debate ao Chou do programa no que participará todo o equipo. Será unha jam session na que se enfrontarán a un tema escollido ao chou entre moitos dos propostos pola audiencia. Ademais, volve Fernando Rqr coa súa nova sección: O Camaleón. E si, vai cantar... En Cinema Paquitof con Dani Lorenzo analizaremos como titularon grandes clásicos do celuloide noutros países nunha sección na que ides sorprendervos. Teremos Efemérides Aleatorias con Alejandro Martínez "Pini". Pepe Capelán e Fran Rodríguez estarán quecendo por se teñen que saír e, para rematar, Los EP (Alberto & Andrés Cunha e Chus Dasilva), interpretarannos EN DIRECTO unha magnífica versión dos míticos Lone Star: `Comprensión´.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Como que non?By Radio Galega