No Episodio 16 da 5G, Carlos Tresandí recibe a Adela Bértolo no programa que vai protagonizar o seu propio late night de radio: "O Ollo Vago". Haberá consultas e máis cousas da man dos nosos colaboradores. Pepe Capelán regresa á presencialidade xunto a Fran Rodríguez, Fernando RqR e Dani Lorenzo. Alejandro Martínez "Pini" analizará unha semana máis unha Efeméride Aleatoria escollida ao chou polo noso xerador de números aleatorios. A música corre a cargo de Los Mortymer, o grupo composto por Joselo García, Javier Garea e Ariel Rodríguez, que interpretan en RIGOROSO DIRECTO o tema 'PELOTAS'.