No Episodio 9 da 5G, Pedro Pablo Alonso visítanos por última vez desde "Ao Contraataque" e vai participar dunha nova edición dos TODÓLOGOS onde o equipo do programa e mais el debatirá sobre un tema proposto pola audiencia escollido ao chou. Ademais volve CINEMA PAQUITOF onde Dani Lorenzo analiza títulos de películas mal traducidas do inglés. Fernando RqR presenta un CAMALEÓN especial onde vai propoñernos un xogo de rol... pero ao seu xeito. Alejandro Martínez "Pini" volve coas súas Efemérides Aleatorias. E estarán coma sempre Fran Rodríguez e Pepe Capelán dispostos a engadir o que faga falta. A actuación musical EN DIRECTO corre a cargo de Ari Magritte que desta interprétanos "SIN CRITERIO" do seu último álbum "ORÁCULO". Coma sempre, dirixe e presenta este caos ordenado CarlosTresandí.