No Episodio 14 da 5G, abrimos unha nova edición do Consultorio Capelán Contesta, pero non co titular habitual da sección, Pepe Capelán, que segue un pouco pachucho. Hoxe vén substituílo Popó Capelín. Ari Magritte continúa connosco e participará no Concurso 5G. Fran Rodríguez abre unha nova edición do Museo Mutante adentrándonos na Dimensión Descoñecida. Máis Efemérides Aleatorias de Alejandro Martínez "Pini" e Dani Lorenzo e Fernando RqR seguirán atentos ás evolucións do programa para o que faga falta. A sección musical corre a cargo de Rober Carcos e Tincho Fernán que nos presentan EN RIGOROSO DIRECTO o tema "Otra vez". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.