No Episodio 17 da 5G, Adela Bértolo recunca no programa para formar parte duns Todólog@s moi especial no que falaremos de se é preferible viaxar en autocaravana ou pola contra ir de mochileo, proposta do noso oínte Dani Patas. Dani Lorenzo tráenos un Mundo Paquitof de dous rombos, onde falaremos de títulos de películas clasificadas 'S'. No Camaleón, Fernando RqR vai realizar a sección solicitada por Ari Magritte sobre queixas do consumidor... ou o que lle pete... Alejandro Martínez "Pini" volve cunha Efeméride Aleatoria. Fran Rodríguez e Pepe Capelán acompañarán no que sexa mester a Carlos Tresandí e a música en directo corre a cargo de Los Mortymer, que este episodio interpretan EN RIGOROSO DIRECTO o tema do seu último traballo `Menú Degustación´ titulado "The Witch"