No Episodio 28 da 5G do COMO QUE NON?! continúa Xosé Manuel Montes "Hermanager" como convidado que vai participar no noso Concurso 5G. Ademais, Fran Rodríguez volve abrir o Museo Mutante cunha marabilla de peza sobre Gotham coa que ides gozar moito. Alejandro Martínez "Pini" volverá analizar unha Efeméride Aleatoria. Dani Lorenzo, Fernando RqR e Pepe Capelán axudarán no que sexa preciso ao convidado e a música en directo corre a cargo dos Superglú, que nos interpretan o tema 'Sorpresas'. Dirixe e presenta Carlos Tresandí.