No Episodio 37 da 5G do COMO QUE NON?! volve Álex Fidalgo do podcast Lo Que Tú Digas para enfrontarse ás preguntas do Concurso 5G. Teremos unha nova edición do Museo Mutante con Fran Rodríguez amosándonos unha peza baseada na mítica película "They Live!". Unha nova efeméride aleatoria da man de Alejandro Martínez "Pini" e Fernando RqR, Dani Lorenzo e Pepe Capelán. A nota musical tráea hoxe a cantante Anahí que interpreta EN DIRECTO unha versión do tema "Corre". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.