No Episodio 33 da 5G do COMO QUE NON?! visítanos Iago Gordillo de Recuncho Gamer como antesala do programa 200 do COMO QUE NON?! Trae o seu trebello e faremos unha sección moi especial coas achegas de todo o equipo. Alejandro Martínez "Pini" ten Efeméride Aleatoria, Carlos Tresandí falará cun espírito oriental saído dunha rocha, Dani Lorenzo contará unha anécdota relacionada cunha teima de Fran Rodríguez. Pepe Capelán estará atento á colocación dos pronomes por parte de Fernando RqR e a música en directo volve correr a cargo dos enormes Le BarLuthier que, nesta ocasión, contan coa inestimable colaboración do noso director Carlos Tresandí que lles vai botar unha man facendo a voz do clásico "Under my Skin". Todo isto na antesala do programa 200!