No Episodio 34 da 5G do COMO QUE NON?! celebramos os 200 programas do COMO QUE NON?! coa visita de Iago Gordillo de Recuncho Gamer que vai tentar clasificarse para a gran final do noso Concurso 5G. Conseguirá facer historia no programa 200? Alejandro Martínez "Pini" analizará unha nova efeméride e Fran Rodríguez abre un novo Museo Mutante amosándonos unha minitura a escala dunha icona para moitos dos rapaces dunha xeración: o Batman de Adam West. Pepe Capelán, Fernando RqR e Dani Lorenzo vannos acompañar na celebración do ducentésimo programa e It's Soul & Wanadee van poñer a nota musical interpretándonos o seu tema "Honey". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.