No programa 237 do COMO QUE NON?! contactamos por teléfono co showman Carlos Veleiro que acaba de presentar o seu espectáculo "Con Pocas Luces" con Eva Rico. Dani Lorenzo volve co seu Mundo Paquitof e unha segunda parte do que será a triloxía de "Noticias del Mundo". J. Pablo Sangiao enfróntase en O Criticador á proposta de Agustín Alejos de criticar aos que levan o móbil pola rúa coma se fose unha torrada. Fran Rodríguez está todo o programa connosco en directo desde Canarias. Alejandro Martínez "Pini" volve cunha nova Efeméride Aleatoria e na parte musical os amigos da Timba Mullallo! interpretarán en RIGOROSO DIRECTO o tema en galego "Millareira Guaguancó". Dirixe e presenta, como é habitual, Carlos Tresandí.