No programa 241 do COMO QUE NON?! visítannos por primeira vez Negro López, o dúo composto por Iván Davila e Brais Iriarte que van enfrontarse a unha sección na que tentaremos que fagan mimo pola radio... ou algo así. Ademais Alejandro Martínez "Pini" volve analizar unha nova Efeméride Aleatoria, J. Pablo Sangiao e Dani Lorenzo acompáñannos no estudio e a música en directo volve estar a cargo de Raúl Ben que nos interpreta en directo "Chispas y Alambres". Como é habitual, dirixe e presenta Carlos Tresandí.