Estaban chamados a ser un elemento fundamental na modernización e democratización do pais. A súa misión era reverter as insportables cifras de analfabetismo que afectaban a case a metade da poboación de Galicia. Falamos dos mestres e as mestras, garantes dos valores de igualdade, liberdade elaicidade que defendía a República e duramente represaliados polos fascistas.
Calcúlase que arredor dun cento foron sasinados tralo golpe do 36. Uns dousmil foron sancionados e 600 apartados definitivamente das aulas. No capítulo 33 de 'A ferida aberta no 36' abordamos a represión no ensino e detémonos na traxectoria vital e profesional de María Vázquez, mestra socialista asaasinada polos fascistas.
Pero ademais, transcorridos case 90 anos do golpe, falamos do reto de educar en memoria e detémonos en dous proxectos educativos: 'Voces silenciadas", do CPI Virxe da Cela de Monfero, e no Centro de interpretación virtual da Memoria Histórica impulsado polo IES de Celanova.
Pero ademais, falamos con Chévere do seu último traballo, 'Ictus: Anatomia da derradeira lección do mestre de Castelao" e profundizamos na figura de Begoña Caamaño, a escritora e xornalista homenaxeada este ano co gallo das Letras Galegas.
* Interveñen neste episodio:
- Aurora Marco, investigadora, autora de 'María Vázquez, mestra socialista asasinada polo franquismo".
- Xosé Manuel Cid Fernández, pedagogo, experto na educación na II República.
- Sol Agra, deputada de Dereitos Civís na Deputación de A Coruña.
- Paula Cadaveira, profesora de Xeografía e Historia do CPI Virxe da Cela de Monfero.
- Irma Fernández , responsable da biblioteca do Ies Celso Emilio Ferreiro de Celanova.
- Xesús Ron, director de Chévere.
- Ana Romaní: académica, xornalista e poeta.
Moitas grazas por pasarvos pola Ferida!