A ferida aberta no 36

A ferida aberta no 36

By A ferida aberta no 36Society & CultureDocumentary
Download on the App Store

All A ferida aberta no 36 episodes

  • CAPÍTULO 42: RACHANDO SILENCIOS, AS SUPERVIVENTES DO PADROADO
    As superviventes do Padroado de Protección á Muller esíxenlle ao Goberno que as compense economicamente polo danos sufridos no interior destes centros cando eran nenas e adolescentes.
    Denuncian a represión exercida polas monxas e insisten en que non son vítimas, senón superviventes; e que non abonda co perdón, senón que urxe a súa reparación.
    No capítulo 42 de 'A ferida aberta no 36' a investigadora Belén López Cillero cóntanos como estaba estruturada esta organización en Galicia.
    Achegámosvos dúas historias: as de Consuelo Garcia del Cid, a primeira en denunciar o inferno que viviron as nenas e mulleres encerradas nestas institucións franquistas; e a de Elena Fariña, tutelada por menores e encerrada en 1987 na Inmaculada, na Coruña.
    A experiencia de Elena, repleta de malos tratos e vexacións demostra que as prácticas do Padroado permaneceron nestes centros anos despois de seren clausurados.
    A represión contra as mulleres exercida por esta institución franquista acaba de ser levada ao teatro pola compañía Redrum. Falamos de 'Caídas', unha montaxe dirixida por Marián Bañobre a partir dun estudo de Montse Fajardo e intrepretado por Sheyla Fariña, Raquel Crespo, Mela Casal e Neves Rodríguez.
    Moitas grazas a Consuelo, Elena, Belén, Montse, Marián, Sheyla e Mela por participar neste episodio e a Raquel por agasallarnos coa marabillosa peza musical coa que conclúe 'Caídas'.
    Un episodio que publicamos coincidindo co 25N, Día Mundial contra a Violencia Machista.
    2 hr 19 min
  • CAPÍTULO 41: A FERIDA ABERTA EN LUGO
    O Goberno está ultimando os trámites para declarar oficialemte o vello carcere de Lugo como lugar de memoria. Un espazo de represión polo que pasaron máis de 5 mil priosieiros entre 1936 e 1940 e no que polo menos 41 non conseguiron sobrevivir.
    Segundo a historiadora Maria Jesús Souto Blanco, polo menos 600 persoas foron asasinadas na provincia nos primeiros anos do golpe. Entre elas o gobernador civil, Ramón García Núñez, o concelleiro Ángel Perez López., o médico Rafael de Vega Barrera ou Consuelo Alonso González, 'a comunista', a única muller executada na provincia tras ser sometida a un consello de guerra.
    Falaremos de todos eles neste episodio, conversaremos cos netos de Ángel Perez López e Rafael de Vega Barrera e coñeceremos tamen os vitimarios, implcables coas vítimas da barbarie, segundo o inveestigador da ARMH, Miguel Freire.
    Pero ademais analizamos a represión sufrida polos creadores e creadoras de Lugo tras o golpe do 36 coa axuda do poeta e investigador Claudio Rodríguez Fer, militante da memoria desde hai décadas e fillo e neto de represaliados.
    Pero ademais, neste capítulo quería compartir con vós uns documentos sonoros que levo gardando desde hai 25 anos. O bosquexo que do poeta e pintor lugues Ángel Johan realizan os seus familiares e amigos, como a súa viúva Ángel González Doreste e Manuel María e Xesus Alonso Montero, amigos do poeta.
    Material que recollin hai 25 anos co gallo do centenario do nacemento do artista e que, aínda que está un pouco estragado polo paso do tempo, saco por primeira vez á luz.
    Grazas a todos os que me axudastes a confeccionar este capítulo e en especial a Carmen García Rodeja, da ARMH, que aínda que non sae, dalgun modo está presente tamén neste episodio.
    2 hr 15 min
  • CAPÍTULO 40: DE SERANTES A SAN SIMON
    A intervención na foxa de Serantes, a homenaxe os presos de San Simón e a inminente poxa dos bens que os Franco aínda gardaban en Meirás centran o capítulo 40 de 'A ferida aberta no 36'. Neste episodio:
    * Pasamos revista co secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, aos avances realizados en Galicia nesta materia e ás cuestións que quedan aínda pendentes.
    * Adentrámonos na foxa de Serantes, unha das máis grandes de Galicia, cos responsables da intervención: a historiadora Lucía Santiago, arqueóloga Oria Ferreiro, e o antropólogo Edgar Camarós. O equipo conseguíu localizar os restos de polo menos 8 individuos que foron vítimas da represión no interior desta foxa onde se cre xacen os corpos de arredor de 200 represaliados.
    * Analizamos a poxa dos bens de Meirás co presidente da CRMH, Carlos Babío.
    * Falamos coa directora da Oficina de Vítimas do Ministerio, Zoraida Hijosa, da indemnización á familia do dirixente sindical Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en agosto do 75.
    * Saudamos a Raquel Martíz Casal, bisneta de José Benito García Santiago, un dos 28 presos de San Simón, que recibíu a declaración de recoñecemnto e reparación persoal de mans do Goberno.
    * Conversamos co director da nova cátedra de Memoria Democrática da USC, Emilio Grandío.
    * Sumámonos á homenaxe a todo un referente da vida política, económica e intelectual do noso país, Xosé Manuel Beiras, a quen despedimos este mes de outubro en Compostela.
    2 hr 6 min
  • CAPÍTULO 39: AS PRISIÓNS FRANQUISTAS
    Tras o golpe do 36, toda Galicia converteuse nun enorme cárcere.
    As prisións provinciais, as de partido xudicial e os depósitos municipais eran insuficentes para albergar o inmenso volume de presos politicos e os golpistas habilitaron todo tipo de espazos para encerrar os prisioneiros. Abriron tres prisións centrais: as de Celanova, Figueiridoe Santa Isabel, ás que se sumaron a colonia penitenciaria de San Simón e Camposancos.
    Aínda que non houbo prisións centrais de mulleres en Galicia para o cumprimento de penas, foron habilitadas varias cadeas só para elas: as de Celanova e Bande, Betanzos e Tui.
    De todas elas falaremos co historiador Domingo Rodríguez Teijeiro, visitaremos as máis significativas e poñeremos rostro os homes e mulleres que as ocuparon.
    Acompáñannos neste episodio os historiadores María Jesús Souto Blanco e Xesús Torres Regueiro; Miguel Muñoz e María Ángeles Pérez, familiares de mulleres presas en Celanova; e a creadora Carmen Granxeiro, directora do documental 'Alén dos silencios'.
    Canda eles e elas atoparedes outras vinte voces que xa escoitastes aquí e que nos axudarán a compoñer este episodio que complementa o anterior capítulo centrado nos campos de concentración.
    2 hr 26 min
  • CAPÍTULO 38: OS CAMPOS DE CONCENTRACIÓN FRANQUISTAS
    As illas de San Simón e de Santo Antón son xa, oficialmente, lugares de memoria. O Goberno acaba de publicar esta resolución que chega coincidindo cos 90 anos do golpe do 36. Analizaremos as consecuencias deste recoñecemento con Matías Rodríguez da Torre, de Inicitiva Galega pola Memoria.
    Unha declaración que se produce coincidindo cos 90 anos do golpe do 36. Tralo alzamento, o réxime instalou en Galicia unha ducia de campos de concentración.
    San Simón, Camposancos, Oia, Rianxo, Betanzos ou A Lavacolla acolleron instalacións deste tipo, onde os prisioneiros eran identificados e clasificados. As condicións de vida eran extremas, moitos non conseguiron sobrevivir.
    Neste capítulo percorreremos todos eles e falaremos de 'Todo es cárcel', o último traballo do director Eloy Enciso ambientado nos campos de concentración franquistas.
    Moitas grazas a todos os que nos axudaron a confeccionar este capítulo:
    - Os historiadores Xosé Manuel Suárez, Domingo Rodríguez Teijeiro, Pepe Álvarez Castro, Juan González, Xesús Santos Suárez, Xesús Torres Regueiro, Rafael Garcia Ferreira, Ana Romero Masiá, Xosé María Fernández Pazos
    - Os investigadores José Antonio Uris e Fernando Costas Goberna.
    - Un agradecemento especial ás testemuñas da barbarie Darina Domínguez Andrés, Dolores Rodríguez Sende e Elisa Tobar ; e a Xesús Alonso Montero, Carmen Mendiguchía e Inma Riu, familiares de represaliados.
    - Matías da Torre, de Iniciativa Galega pola Memoria; Queta Molas, da ARMH de Marín; Pepe Novas, da Asociación de Amigos Johán Carballeira; Carla Rivas, da asociación feminista MoradAura.
    - Os documentalistas e cineastas Eloy Enciso, Antonio Caeiro, Xosé Ballesta e Miguel Ángel Delgado; e o actor Flako Estévez.
    1 hr 51 min
  • CAPÍTULO 37: BEIRA, A MEMORIA SOTERRADA
    A terra de Beira, no concello de Carral, comeza a devolver parte da verdade que permaneceu agochada durante décadas.
    Hai uns dias, membros do grupo Histagra da Universidade de Santiago, localizaron os restos de catro persoas que foron soterradas na fosa común e que se cre que foron represaliadas.
    Dous deses corpos xa foron exhumados e agora comeza un longo e complexo proceso para intentar identificar as vítimas e devolvelas ás súas familias.
    Trátase da última intervención realizada en Galicia 90 anos despois do golpe ilegal do 36.
    Analizarémola coa axuda de Xurxo Antelo, historiador da USC e responsable do estudo histórico da intervención; con Tania Rial, de Tempos Arqueólogos, e con Sol Agra, deputada de Dereitos Civis na Deputación da Coruña, que é a institución que se encarga de financiar este proxecto.
    Pero tamén falaremos con Aquiles, Fernando e Antonio, familares de Xosé Manuel Moledo, Eliseo Pinto e Julián Hermida, asasinados polos golpistas aquel verán do 36 e que se cre están soterrados en Beira e con Lois Anxo Ferreiro, presidente de Cultura Aberta de Carral.
    Pero ademais, ás portas do 25 de xullo, conversamos con Iria Aldegunde, ilustradora compostelá e autora do cartel dos festexos do Apóstolo deste ano, que renden homenaxe a Camilo Díaz Baliño a piques de cumprirse 90 anos do seu asasinato en Palas de Rei.
    1 hr 51 min
  • CAPÍTULO 36: MEMORIAS E DESMEMORIAS
    Galicia segue sumando lugares de memoria: o Campo de Aragón, en Ourense, e o Vello Cárcere de Lugo. Pero, a miúdo vemos como desde algúns sectores se empeñan en boicotear este tipo de avances e practicar a desmemoria.
    Sábeo a familia de Moncho Reboiras e a de Alexandre Bóveda, coas que conversaremos neste episodio sobre os últimos desencontros que manteñen coa clase política.
    Pero ademais, reflexionaremos sobre a memoria e a desmemoria con dúas persoas que levan anos traballando para recuperar as voces silenciadas e reconstruír o complexo puzzle da memoria: o investigador Dionísio Pereira, denunciado por sinalar nos seus estudos a un alcalde franquista; e Manuel Monge, fundador da CRMH da Coruña e encarcerado nos últimos anos da ditadura polo seu compromiso político.
    Pero ademais botaremos a vista atrás con Iria Morgade para coñecer as homanexes que a cidadanía galega rendeu as vítimas do franquismo durante a ditadura e a transición; e mergullaresmonos nos arquivos da Fundación Dez de Marzo, que están en pleno proceso de dixitalización.
    Completamos capítulo coa reacción da Asociación de Memoria Democrática Campo de Aragón ante o inicio dos trámites para declarar este lugar como lugar de memoria.
    2 hr 15 min
  • CAPÍTULO 35: A REPRESIÓN NAS MARIÑAS
    Constituían o que algúns chamaron a xeración perdida. Alcaldes e concelleiros que tras a victoria da fronte popular se puxeron a fronte dos concellos coa intención de tranformar opaís e que foron masacrados tras o golpe do 36.
    56 dos 88 alcaldes e concelleiros asasinados na provincia da Coruña pertencían á zona das Mariñas, moi castigada polos sublevados. No capítulo de hoxe visitaremos esta área; e, en concreto, o concello de Sada, onde foron asasinados o alcalde, Antonio Fernández Pita, o mestre Rafael Fernández Casas ou o dirixente agrarista, Xohan Antón Suárez Picallo.
    Un dos seus irmáns, o dirixente galeguista Ramón Suárez Picallo, tivo que exiliarse; o escritor Manuel Lugrís Freire, xa case ancián, o golpe sumiuno nunha profunda tristeza; a escritora Syra Alonso, veciña de Oleiros, viuse obrigada a fuxir canda os seus fillos tralo asasinato do seu home, o pintor Francisco Miguel.
    Todos eles son os protagonistas deste episodio que nos axudan a escribir o historiador Manuel Pérez Lorenzo;Orientado Fernández, fillo do mestre Rafael Fernández Casas; Abel López Soto, membro da xunta directiva da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo; e os investigadores Xabier Campos e Conrado J. Arranz.
    1 hr 55 min
  • CAPÍTULO 34: O TARDOFRANQUISMO
    Adentrámonos no tardofranquismo; aqueles últimos anos nos que a ditadura empezaba a cambalear como consecuencia das tensións internas, a intensa mobilización social e a presión internacional.
    Durante esa etapa, o rexime seguíu recorrendo á represion e á tortura para tentar controlar un país que se lle ía das mans.
    Miguel Ángel Gómez Álvarez, Gus, foi detido, torturado encarcerado tras as mobilzacións estudantis do 71.
    A Teófilo del Valle, natural de Silleda a policía franquista asasinouno polas costas con tan só 20 anos durante cando participaba na folga do calzado en Elda, Alacante, en febreiro do 76. Foi a primeira vitima oficial da transición. A súa familia leva 50 anos pedindo que se faga xustiza.
    Un ano despois da morte do ditador, o poeta Xosé Lois Méndez Ferrín edita 'Con pólvora e magnolias'; unha obra que supuxo toda unha autética revolucion estética, literaria e tamén politica e convertida en todo uun símbolo do compromiso antifranquista.
    Abordamos todas estas cuestións no capítulo 34 de 'A ferida aberta no 36' con:
    - Julio Prada, catedrático de Historia Contemporánea.
    - Miguel Ángel Gómez Álvarez, 'Gus'.
    - José Antonio de Valle (irmán de Teófilo) e Manuel de Juan, de Ceaqua, a coordinadora estatal de apoio á querela arxentina.
    - Henrique Alvarellos (editorial Alvarellos) e Anxo Angueira (autor do epílogo da reedición de 'Con pólvora e magnolias'.
    Pero ademais, analizamos a vandalización do monumento ás vítimas do franquismo en Ribeira con Xoan Hermida, da CRMH do Barbanza.
    2 hr
  • CAPÍTULO 33: A REPRESION NO ENSINO
    Estaban chamados a ser un elemento fundamental na modernización e democratización do pais. A súa misión era reverter as insportables cifras de analfabetismo que afectaban a case a metade da poboación de Galicia. Falamos dos mestres e as mestras, garantes dos valores de igualdade, liberdade elaicidade que defendía a República e duramente represaliados polos fascistas.
    Calcúlase que arredor dun cento foron sasinados tralo golpe do 36. Uns dousmil foron sancionados e 600 apartados definitivamente das aulas. No capítulo 33 de 'A ferida aberta no 36' abordamos a represión no ensino e detémonos na traxectoria vital e profesional de María Vázquez, mestra socialista asaasinada polos fascistas.
    Pero ademais, transcorridos case 90 anos do golpe, falamos do reto de educar en memoria e detémonos en dous proxectos educativos: 'Voces silenciadas", do CPI Virxe da Cela de Monfero, e no Centro de interpretación virtual da Memoria Histórica impulsado polo IES de Celanova.
    Pero ademais, falamos con Chévere do seu último traballo, 'Ictus: Anatomia da derradeira lección do mestre de Castelao" e profundizamos na figura de Begoña Caamaño, a escritora e xornalista homenaxeada este ano co gallo das Letras Galegas.
    * Interveñen neste episodio:
    - Aurora Marco, investigadora, autora de 'María Vázquez, mestra socialista asasinada polo franquismo".
    - Xosé Manuel Cid Fernández, pedagogo, experto na educación na II República.
    - Sol Agra, deputada de Dereitos Civís na Deputación de A Coruña.
    - Paula Cadaveira, profesora de Xeografía e Historia do CPI Virxe da Cela de Monfero.
    - Irma Fernández , responsable da biblioteca do Ies Celso Emilio Ferreiro de Celanova.
    - Xesús Ron, director de Chévere.
    - Ana Romaní: académica, xornalista e poeta.
    Moitas grazas por pasarvos pola Ferida!
    2 hr 21 min