A ferida aberta no 36

A ferida aberta no 36

By A ferida aberta no 36Society & CultureDocumentary
Download on the App Store

All A ferida aberta no 36 episodes

  • CAPÍTULO 32: A REPRESIÓN NA RAIA. AS DITADURAS IBÉRICAS
    Neste 2026 en que se cumpren 52 anos da Revolución dos Caraveis trasladámonos ata a Raia para comprobar como se vivíu a represión fascista do 36 tanto en territorio galego como na outra beira do río.
    A comarca do Val da Limia foi unha zona de tránsito pola que fuxiron centos de galegos. Algúns foron capturados, outros foron acubillados en enclaves como Castro Laboreiro, en Melgaço.; houbo quen se incorporou á guerrilla e quen optou por marchar.
    O comité do Val da Limia ten contabilizadas 49 vítimas mortais na comarca e leva anos poñendo nomes e apelidos tanto a elas como aos seus represores. Analizaremos a situación co presidente do comité, Carlos Morais, e tamén co investigador portugués Américo Rodrigues.
    Neste capítulo falaremos con Aser Álvarez do golpe de efecto dado no ano 1961 por Pepe Velo co secuestro do Santa María, co obxectivo de poñer o foco internacional nas ditaduras ibéricas e trasladarémonos á primavera do 1974 cando a Revolución dos Caraveis puxo fin a case medio século de ditadura.
    Farémolo coa historiadora da Univesidade de Lisboa Raquel Varela e a catedrática de Comunicación Audiovisual e académica, Margarita Ledo, exiliada en Portugal pola súa militancia política.
    Todo isto nun programa moi especial que facemos en colaboración cos compañeiros do Galiportus, un podcast centrado na realidade galegoportuguesa. Moitas grazas ao director deste espazo, Germán Estévez e a Carlos Durán, que estivo aos mandos da nave desde os estudios de Radio Allariz. Obrigada pola acollida!!
    2 hr 10 min
  • CAPÍTULO 31: VERDADE, XUSTIZA E REPARACIÓN
    O Goberno dá os primeiros pasos para investigar os crimes e as violacións dos dereitos humanos cometidas en España durante aGuerra Civil e a ditadura franquista. Oorgano designado para levar a cabo esta tarefa é a Comisión da Verdade, que contará cun subgrupo que se encargará especificiament edeinvestigar os abusos cometidos nos centros controlados polo padroado de proteccion á muller. Co director da Fundación Luis Tilve, Guillerme Pérez Aguya falaremos sobre esta cuestión e tamén cos familiares de dúas das 53 mulleres recoñecidas como vítimas do Padroado. Falamos de Manuela e Leontina, nai e avoa de Salomé da Torre e Jessica Pérez.
    Co presidente da Asociacion Memoria Histórica Democrática de Ferrol falaremos da restitución da memoria da mestra socialista María Vazquez e do plan da Deputación para tentar exhumar a fosa de Serantes. Unha tarefa complicada, do mesmo xeito que a que se presenta na fosa de Beira, en Carral como nos conta o presidente da asociación Cultura Aberta de Carral. E pecharemos capítulo en Salceda, onde foron identificados os restos de dous represaliados de Tui exhumados o verán pasado. Conversaremos coa sobriña neta dun deles, Gachi Fernández e coa presidenta da CRMH do Baixo MIño, o Condado e A Louriña.
    Historias, todos elas, que falan da devolverlle as vítimas a verdade, xustiza e reparación que levan décadas demandando.
    1 hr 32 min
  • CAPÍTULO 30: MEIRÁS, O PAZO É DO POBO
    Despois de sete anos batallando nos xulgados, o Tribunal Supremo confirmou a devolución ao Estado do Pazo de Meirás, usurpado polo ditador durante a guerra e empregado pola súa familia durante décadas. A obriga a indemnizar os herdeiros de Franco causa malestar entre as asociacións memorialistas, os expertos e as administracións, que están dispostos a loitar para impedilo. Analizamos o contido da sentenza e as súas consecuencias e reflexionamos sobre os usos que se lle debería dar a esta peza, símbolo do espolio franquista, e aproveitamos para falar da devolución de outro ben roubado durante a ditadura: dúas esculturas do mosteiro de Carboeiro. Interveñen neste episodio:
    * Carlos Babío, presidente da CRMH.
    * Benito Portela, alcalde de Sada.
    * Emilio Grandío, historiador, membro da comisión de expertos.
    * Francisco Prado Vilar, historiador de arte.
    1 hr 7 min
  • CAPÍTULO 29: ISABEL RÍOS E FOUCELLAS, COMPROMISO E RESILIENCIA
    Os protagonistas deste capítulo son a militante comunista Isabel Ríos e o guerrilleiro Benigno Andrade, Foucellas. Dous exemplos de compromiso e resiliencia pero tamén da represión exercida por un réxime que respostaba con dureza a calquera forma de resistencia.
    Isabel foi detida, encarcerada e condenada a morte. A seu home fusilárono; a ela conmutáronlle a pena pero se viu obrigada a exiliarse ante o acoso incesante do réxime. Cóntanolo o seu fillo, Manuel Calvelo, e o xornalista Xosé Antonio García Ferreiro, tradutor das memorias desta.
    Tanto Isabel como o seu home serviron de apoio a Foucellas; un maquis que trouxo de cabeza ao Réxime e que conseguiu esquivar os seus perseguidores durante 16 anos. Aproximámonos á súa figura coa axuda do investigador Luis Lamela. E falamos coa historiadora Lucía Santiago, de Histagra, da aparición dos restos de varios colaboradores de Foucellas que apareceron nunha fosa de Luou.
    Completamos relato co traballo 'As bocas cosidas', de Marilar Aleixandre, unha viaxe pola memoria familiar da escritora e tamén da historia da guerrilla.
    Unha conversa coa académica da RAG en que aproveitamos para conversar sobre Begoña Caamaño, a autora homenaxeada este ano co gallo das Letras Galegas.
    2 hr
  • CAPÍTULO 28: ENCAIXANDO AS PEZAS DA MEMORIA
    Ás veces, as pezas do puzzle comezan a encaixar. Despois de anos de loita, a xustiza anulou o consello de guerra que condenou á pena capital a Amada García, militante comunista de Mugardos fusilada no 1938 en Ferrol. Foi todo un acto de reparación que chega 88 anos despois da súa execución. En Ponferrada, mentres, o equipo de Sputnik Labrego conseguiu dar cos verdadeiros restos do guerrilleiro Manuel Girón, abatido pola Garda Civil no 1951. Son dúas das historias do capítulo 28 deste podcast no que falaremos da iniciativa do concello de Tui para anular os xuízos ditadura, ou da proposta da asociación MoradAura de Padrón para conseguir que a antiga Azucreira de Iria Flavia que albergouun campo de concentracion durante a guerra sexa recoñecida como Lugar de Memoria Democrática. Pero ademais falamos da nova páxina Mulleres, homes e homiños da CRMH que recolle as fichas de 18.000 vítimas do franquismo e da iniciativa da comisión O Castro para salvar o Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside de Sada.
    1 hr 36 min
  • CAPÍTULO 27: A FERIDA ABERTA EN VIGO
    Arrincamos a segunda temporada de 'A ferida aberta no 36' coa vista posta en Vigo. O enfrontamento armado comezou alí tras a lectura do bando de guerra na Porta do Sol o 20 de xullo do 1936. O capitán Carreró deu orde de disparar e o resultado foi unha vintena de mortos, dúcias de feridos e outros tantos encarcerados. Despois viría a resistencia épica de Lavadores e, tras dela, as represalias.
    Transitaremos por estes escenarios coa axuda do historiador Xoan Carlos Abad Gallego, do Instituto de Estudos Vigueses; do documentalista Xan Leira, neto de Flora de Dios e Agustín Leira, presos tralos golpe do 36; e de Xavier Moreda, presidente da Asociación MVX de Vigo e neto, bisneto, sobriño e curmán de represaliados.
    Falaremos tamén da traxedia do Bou Eva, que lle custou a vida a oito homes e unha muller no 1937, e farémolo co historiador Xesús Santos e de Sonia Fontán, neta e sobriña neta de dous dos falecidos.
    Pero ademais, regresaremos a San Simón con Flako Estévez protagonista da longametraxe 'San Simón' de Miguel Ángel Delgado, e percorreremos os mundos de Otero Pedrayo a través da secretaria da Fundación, Patricia Arias Chachero.
    2 hr 7 min
  • CAPÍTULO 26: AS PROTESTAS DO 72, EN PÉ CONTRA A DITADURA
    No capítulo de hoxe propoñémosvos viaxar ao corazón indutrial de Galicia dos anos 70; a aquel ano 1972 no que a clase obreira galega puxo contra as cordas un réxime que comezabn a esmorecer.
    Milleiros de traballadores participaron nas protestas que paralizaron Ferrol e Vigo e que se saldaron con dous traballadores mortos, dúcias de feridos e centos de despedidos e de detidos, moitos deles encarcerados. Tras delas, virían as protestas estudantís de Compostela destadas tras o asasinato a mans da policía franquista do estudante Chema Fuentes.
    Rememoramos o ocorrido con Víctor Santidrián, da Fundación 10 de marzo, con Alfonso Tellado, Fina Varela, Suso Chaves e Telmo Varela, represaliados, e con Manuel Mera, fundador de ERGA.
    Grazas aos seis e tamén a Manuel Reboiras e Pichi Varela, por axudarme a tecer a rede que fai posible este traballo.
    2 hr 11 min
  • CAPÍTULO 25: A LOITA CONTRA A IMPUNIDADE
    Coincidindo cos cincuenta anos da morte de Franco e o 47 aniversario da Constitución Española analizamos o camiño andado nos tribunais de xustiza para axustar contas coa ditadura. Como o regreso a Compostela das estatuas do Pórtico da Gloria espoliadas hai 70 anos, a anulación en Ferrol das primeiras sentenzas condenatorias ditadas por tribunais franquistas ou a citación ante a xustiza do exministro Martín Villa en relación co primeiro crime cometido durante a transición. Pasos cativos pero firmes para conseguir a verdade, xustiza e reparación reclamada polas vítimas.
    No capítulo 25 de 'A ferida aberta no 36' conversamos con Carmen Mendiguchía, Pepe Varela e Llum Quiñonero, de Ceaqua, sobre a represión sufrida por Miguel Mendiguchía Real, José Varela Cachaza e Teófilo del Valle; analizamos o alcance da represión franquista en Galicia co decano da Facultade de Xeografía e Historia de Santiago, Antonio Míguez Macho; e os momentos máis delicados polos que atravesou o réxime coa axuda do catedrático de Historia Contemporánea da USC, Emilio Grandío, coautor de 'La España Espiada'.
    Ademais, co gallo do Ano Castelao, falamos con Luis Martínez-Risco da relación entre Vicente Risco e o intelectual de Rianxo aproveitando a exposición "Vicente Risco e Daniel Castelao. Galiza como proxecto vital" aberta en Allariz.
    1 hr 57 min
  • CAPÍTULO 24: #25N O PADROADO DE PROTECCIÓN Á MULLER
    Neste 25N analizamos as violencia exercida polos fascistas contra as mulleres tralo golpe do 36 e poñemos o foco nunha realidade: a das nenas e mulleres recluidas nos centros do Padroado de Protección á Muller, unha institución franquista creada no 1941 para encarreirar as mulleres que non encaixaban coa moral católica do réxime e que estivo operativa ata ben entrada a democracia, ata o ano 1985.
    Analizamos esta realidade coa investigadora Belén López Cillero e achegámosvos as experiencia de dúas vítimas do padroado: Loli Benito e Paca Blanco.
    Pero ademais, coñeceremos a historia de Eva García de la Torre, recoñecida polo Goberno como a primeira vítima do Padroado., a través do relato da súa viúva, Silvia Fernández.
    Pero ademais, neste 25N analizaremos con Antonio Caeiro o seu último documental: "Lola", que recrea a historia de Dolores Rodal; unha veciña de Cangas que padeceu de preto a morte, o cárcere e o exilio dos seus seres queridos.
    1 hr 53 min
  • CAPÍTULO 23: 50 ANOS DA MORTE DO DITADOR
    Cando se cumpren cincuenta anos da morte na súa cama do ditador, botamos a vista atrás e facemos un percorrido polos case corenta anos de ditadura que esmagaron a legalidade republicana e, con ela, os dereitos, as liberdades e a democracia. Acompáñannos nesta viaxe familiares das vítimas, os expertos e as asociacións memorialistas. E arrincamos travesia da man de tres homes que viviron en primeira persoa as protestas obreiras do 72: Alfonso Tellado, Xesús Chaves e Telmo Varela. E ti, onde estabas aquel 20 de novembro do 75?.
    54 min