A ferida aberta no 36

CAPÍTULO 30: MEIRÁS, O PAZO É DO POBO


Listen Later

Despois de sete anos batallando nos xulgados, o Tribunal Supremo confirmou a devolución ao Estado do Pazo de Meirás, usurpado polo ditador durante a guerra e empregado pola súa familia durante décadas. A obriga a indemnizar os herdeiros de Franco causa malestar entre as asociacións memorialistas, os expertos e as administracións, que están dispostos a loitar para impedilo. Analizamos o contido da sentenza e as súas consecuencias e reflexionamos sobre os usos que se lle debería dar a esta peza, símbolo do espolio franquista, e aproveitamos para falar da devolución de outro ben roubado durante a ditadura: dúas esculturas do mosteiro de Carboeiro. Interveñen neste episodio:
* Carlos Babío, presidente da CRMH.
* Benito Portela, alcalde de Sada.
* Emilio Grandío, historiador, membro da comisión de expertos.
* Francisco Prado Vilar, historiador de arte.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

A ferida aberta no 36By A ferida aberta no 36