No capítulo de hoxe propoñémosvos viaxar ao corazón indutrial de Galicia dos anos 70; a aquel ano 1972 no que a clase obreira galega puxo contra as cordas un réxime que comezabn a esmorecer.
Milleiros de traballadores participaron nas protestas que paralizaron Ferrol e Vigo e que se saldaron con dous traballadores mortos, dúcias de feridos e centos de despedidos e de detidos, moitos deles encarcerados. Tras delas, virían as protestas estudantís de Compostela destadas tras o asasinato a mans da policía franquista do estudante Chema Fuentes.
Rememoramos o ocorrido con Víctor Santidrián, da Fundación 10 de marzo, con Alfonso Tellado, Fina Varela, Suso Chaves e Telmo Varela, represaliados, e con Manuel Mera, fundador de ERGA.
Grazas aos seis e tamén a Manuel Reboiras e Pichi Varela, por axudarme a tecer a rede que fai posible este traballo.