A ferida aberta no 36

CAPÍTULO 27: A FERIDA ABERTA EN VIGO


Listen Later

Arrincamos a segunda temporada de 'A ferida aberta no 36' coa vista posta en Vigo. O enfrontamento armado comezou alí tras a lectura do bando de guerra na Porta do Sol o 20 de xullo do 1936. O capitán Carreró deu orde de disparar e o resultado foi unha vintena de mortos, dúcias de feridos e outros tantos encarcerados. Despois viría a resistencia épica de Lavadores e, tras dela, as represalias.
Transitaremos por estes escenarios coa axuda do historiador Xoan Carlos Abad Gallego, do Instituto de Estudos Vigueses; do documentalista Xan Leira, neto de Flora de Dios e Agustín Leira, presos tralos golpe do 36; e de Xavier Moreda, presidente da Asociación MVX de Vigo e neto, bisneto, sobriño e curmán de represaliados.
Falaremos tamén da traxedia do Bou Eva, que lle custou a vida a oito homes e unha muller no 1937, e farémolo co historiador Xesús Santos e de Sonia Fontán, neta e sobriña neta de dous dos falecidos.
Pero ademais, regresaremos a San Simón con Flako Estévez protagonista da longametraxe 'San Simón' de Miguel Ángel Delgado, e percorreremos os mundos de Otero Pedrayo a través da secretaria da Fundación, Patricia Arias Chachero.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

A ferida aberta no 36By A ferida aberta no 36