A ferida aberta no 36

CAPÍTULO 24: #25N O PADROADO DE PROTECCIÓN Á MULLER


Listen Later

Neste 25N analizamos as violencia exercida polos fascistas contra as mulleres tralo golpe do 36 e poñemos o foco nunha realidade: a das nenas e mulleres recluidas nos centros do Padroado de Protección á Muller, unha institución franquista creada no 1941 para encarreirar as mulleres que non encaixaban coa moral católica do réxime e que estivo operativa ata ben entrada a democracia, ata o ano 1985.
Analizamos esta realidade coa investigadora Belén López Cillero e achegámosvos as experiencia de dúas vítimas do padroado: Loli Benito e Paca Blanco.
Pero ademais, coñeceremos a historia de Eva García de la Torre, recoñecida polo Goberno como a primeira vítima do Padroado., a través do relato da súa viúva, Silvia Fernández.
Pero ademais, neste 25N analizaremos con Antonio Caeiro o seu último documental: "Lola", que recrea a historia de Dolores Rodal; unha veciña de Cangas que padeceu de preto a morte, o cárcere e o exilio dos seus seres queridos.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

A ferida aberta no 36By A ferida aberta no 36