A ferida aberta no 36

CAPÍTULO 34: O TARDOFRANQUISMO


Listen Later

Adentrámonos no tardofranquismo; aqueles últimos anos nos que a ditadura empezaba a cambalear como consecuencia das tensións internas, a intensa mobilización social e a presión internacional.
Durante esa etapa, o rexime seguíu recorrendo á represion e á tortura para tentar controlar un país que se lle ía das mans.
Miguel Ángel Gómez Álvarez, Gus, foi detido, torturado encarcerado tras as mobilzacións estudantis do 71.
A Teófilo del Valle, natural de Silleda a policía franquista asasinouno polas costas con tan só 20 anos durante cando participaba na folga do calzado en Elda, Alacante, en febreiro do 76. Foi a primeira vitima oficial da transición. A súa familia leva 50 anos pedindo que se faga xustiza.
Un ano despois da morte do ditador, o poeta Xosé Lois Méndez Ferrín edita 'Con pólvora e magnolias'; unha obra que supuxo toda unha autética revolucion estética, literaria e tamén politica e convertida en todo uun símbolo do compromiso antifranquista.
Abordamos todas estas cuestións no capítulo 34 de 'A ferida aberta no 36' con:
- Julio Prada, catedrático de Historia Contemporánea.
- Miguel Ángel Gómez Álvarez, 'Gus'.
- José Antonio de Valle (irmán de Teófilo) e Manuel de Juan, de Ceaqua, a coordinadora estatal de apoio á querela arxentina.
- Henrique Alvarellos (editorial Alvarellos) e Anxo Angueira (autor do epílogo da reedición de 'Con pólvora e magnolias'.
Pero ademais, analizamos a vandalización do monumento ás vítimas do franquismo en Ribeira con Xoan Hermida, da CRMH do Barbanza.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

A ferida aberta no 36By A ferida aberta no 36