#Destacadas:
20´
Tequexetéldere Tequexeteldere Af celebrará o seu #FestivalFolclóricoDoSalmón o sábado 18 de maio no Teatro Principal A Estrada no que participarán coa estrea de dúas pezas novas recollidas no Concello de Carballo e na parroquia de #Olives Concello A Estrada
♂️33´
Dende o departamento de A Estrada Deporte propoñen 3 eventos deportivos para a fin de semana do #salmón: ruta btt, raid hípico e trofeo de baile. Deunos toda a información o concelleiro de deportes, Ismael Pena
♀️40´
Merche Nodar Sanmartin falounos hoxe dos #pombais partindo deste dito popular castellano: “Palomar, capilla y ciprés… pazo es”. E practicamente cúmprese sempre. Construcción popular para a cría de pombas, que servían de alimento, e que deixaron de utilizarse a mediados do pasado século. Soubemos ademais dalgunhas curiosidades destas construcións. Para exemplos, na foto, o pombal da reitoral de Ribela e outro na parroquia de #ArcosDeFurcos no Concello de Cuntis.
69´
A #BandaInfantil e a #BandaEscola da Banda de Música Municipal da Estrada celebrarán o domingo 12 o seu concerto de #primavera. Será ás 18hrs. na #PrazaDaMúsica, aquí, ó carón de @Radio Estrada. Contóunolo todo músico e director da #BandaInfantil, Ruben Calviño.
89´
Mari Carmen levou a humburguesa de Mr. Pizza A Estrada.
Lembra que durante este mes de maio, si participas, podes levar cada día unha #pizza ou unha #hamburguesa
Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, finanzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)