#Destacadas:
15´Saudamos e coñecemos ó novo director da Banda de Música Municipal da Estrada, o vigués Álvaro Varela Ferradáns. Estrearase o domingo, en concerto, no Teatro Principal A Estrada
36´Gerundina hoxe estaba "desbocada":
falounos do #ConvenioGruenguich asinado en #Burela
e díxolle a Juan Pardo que actualizara a app de relacións sentimentais a raíz da canción #CaballoDeBatalla
73´Mañá celébrase o #2ºFestivalMúsicaNoCamiño. Falamos con Javier Expósito do festival, os grupos que participan, o disco que terán á venda... e da estrela desta edición! A Estrada Cultura
93´E esa estrela é María Jesus y su acordeón. Que felices estamos por poder charlar con ela uns minutos nos que lembrou os seus inicios tocando na praia, o seu traballo, o seu restaurante, as xiras por todo o país, o amor que lle ten a Galicia...
Na foto imaxe podedes ver unha foto do ano 1978 cando estivo tocando no Teatro Principal Pontevedra.
Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... ecolaboracións semanais nas que falamos de saúde, falamos de cine e tv... Magazine que conta co menú habitual en este tipo de programas, e sempre que podemos, música en directo.