#Destacadas:
28´ Tivemos unha boa conversa con Roberto Mera, autor do libro #AlejandroViana #UnGalegoÁFronteDoRescateDosRefuxiadosRepublicanos de Belagua Ediciones y Comunicación. Un traballo de recopilación, documentación deste veciño do Concello de Ponteareas, e familiar do propio autor, e a quen se pode considerar como o #SchindlerGalego. https://belaguaediciones.com/
A presentación, hoxe ás 20hrs., no #MOME. Asociación Cultural "Vagalumes".
47´ Continuamos co concurso de O Quinteiro. Participa cada día e entra no sorteo dun cocido para dúas persoas.
67´ Club Bonsai Pontevedra tivo a ben facer o sorteo da súa campaña de nadal aquí con nós. Kiko deu o nome dos gañadores e ademais falounos dos cursos de poda en frutais que están a ofrecer.
90´ Pedro Pérez falounos da primeira xornada do #FestivaDeCineDeTerror #Panic que comeza hoxe con unha charla sobre o traballo dos forenses e unha maratón de cine durante toda a madrugada. http://panic.aestrada.gal/
Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... ecolaboracións semanais nas que falamos de saúde, falamos de cine e tv... Magazine que conta co menú habitual en este tipo de programas, e sempre que podemos, música en directo.