42´Mañá, Radio Estrada 107.7, de 9 a 11AM, acollerá un programa do proxecto Onda ODS. Emitirase dende o Concello de Oleiros e estará presentado para todo o país por Susana Falcón e o compañeiro Pablo García - Chichas. No mesmo habrá protagonismo estradense e darase a coñecer en máis detalle o mesmo proxecto. Pablo e Henrique Sanfiz Raposo contáronos tódolos detalles na entrevista de hoxe.
https://ondaods.org/gl/inicio-ga/
100´ Sabela Losada Cortizas foi a gañadora da XXVII edición do #PremioXornalísticoReimóndezPortela que se entregará o vindeiro venres nas instalacións do Recinto Feiral A Estrada. O xurado otorgoulle o recoñecemento polo artigo "Qué nos sorprende da tristura da mocidade?”, lectura recomendadísima na que da voz ás adolescencias. Parabéns polo artigo e polo premio, Ela Sabela
Aquí o artigo: https://praza.gal/opinion/que-nos-sorprende-da-tristura-da-mocidade
28´ Feira do Moble de Galicia: hoxe coñecemos a DDC madera. Visitarán a feira por priemeira vez e veñen con moitas gañas. Salomé Casal falounos de todo o seu traballo que podedes ir coñecendo na súa web: https://ddcmadera.com/
84´ e tamén Irmáns Picaño Renovables estará un ano máis na feira para presentar as súas novidades e ofertas en enerxías renovables. Xunto con #Artest, son as dúas únicas empresas da Estrada en acudir a edición de este ano. https://www.irmanspicano.com/
Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... ecolaboracións semanais nas que falamos de saúde, falamos de cine e tv... Magazine que conta co menú habitual en este tipo de programas, e sempre que podemos, música en directo.