A Gruta de Gizamaluke

A Gruta de Gizamaluke

By Revista MorcegoLeisureVideo Games
Download on the App Store

A Gruta de Gizamaluke episodes

  • Especial Verán :: Novas desde Barosa (IV)
    Seguimos descansando entre pozas, traendo algo de actualidade cada dúas semanas. Di Charlie que con calma, aos poucos, que o verán, polo ceo, acaba de comezar.
    Quinte minutos e algo de novas e titulares, aínda que as vacacións tamén son practicadas na industria do videoxogo. Xa sabedes.
    18 min
  • Monográfico :: Metal Gear Solid
    Pablo e Charlie falan dúas horas e media de Metal Gear Solid. E pouca máis se pode dicir, porque é moito tempo, son moitas cousas e é moito Kojima.
    Unha viaxe polo contexto do título, o seu lanzamento, as súas mecánicas, o seu director e a súa narrativa.
    2 hr 25 min
  • Especial Verán :: Novas desde Barosa (III)
    Seguimos coa programación de verán, retransmitindo desde as pozas de Barosa, con medio corpo dentro e medio corpo fóra.
    Resumiño rápido e tranquilo da actualidade do medio :) Para a semana toca monográfico e, aos poucos, vaise achegando a data de volver baixar pola Gruta.
    13 min
  • Monográfico :: O Disparo
    Collemos as armas e apuntamos con elas, de xeito ficticicio claro, e de xeito analítico. Neste mnográfico de verán afondamos na idea do disparo no videoxogo.
    Falan Pablo Pesado e Charlie Pereiro. Ollo con tomar o sol moito, botade crema! Avanza o verán e nós con el.
    1 hr 47 min
  • Especial Verán :: Novas desde Barosa (II)
    Seguimos co corpo metido na auga, mais tratando de ter un ollo na actualidade da industria. Achégase agosto, ese deserto de información sobre videoxogos, as vacacións dos estudios e o descanso dos medios.
    Aquí, porén, seguiremos falando. Sobre? Steam Deck, por exemplo.
    27 min
  • Monográfico :: O Salto
    Recuperamos este verán o sistema de monográficos, que non todo vai ser actualidade.
    Pablo Pesado e Charlie Pereiro tentan afondar nunha das mecánicas máis coñecidas, máis importantes e máis singulares do medio: o salto.
    Brincamos arriba, brincamos abaixo, de lado... Que ten? Que significa? Por que chegou aos videoxogos?
    1 hr 56 min
  • Especial Verán :: Novas desde Barosa (I)
    Pois iso, retransmitimos desde a Poza. Charlie aproveita as vacacións para ofrecer quince minutiños de actualidade, resumir os acontecementos máis importantes da industria e descansar un anaco entre auga.
    Si, aquí somos máis de río que de praia. Para máis información ou novas, coma sempre, Revista Morcego.
    16 min
  • A Gruta de Gizamaluke - 3x43
    Chegou o final de tempada. Chegou o verdadeiro verán e chegan as vacacións.
    Volveremos en setembro con todas as novidades do mundo, cos folgos ben recuperados e moita, moita parola. Graciñas por estar neste camiño que é Morcego e a Gruta.
    - Novas da semana
    - O cuarto do Moguri :: Xogos de medo
    - A que estamos a xogar?
    - Que din os paxaros? :: Din Kojima
    1 hr 52 min
  • A Gruta de Gizamaluke - 3x42
    Penúltimo capítulo da tempada. Xa queda menos para as vacacacións e aquí queda un resumiño das novas máis relevantes desta semana.
    Tamén falamos un pouco da relación do verán cos videoxogos e comentamos, un chisco, con que xogos estivemos argallando.
    Graciñas por estar aí e non faltedes ao último programa da terceira tempada!
    1 hr 36 min
  • A Gruta de Gizamaluke - 3x41 (E3)
    A cousa é que era difícil facer un programa logo de E3 sen falar só do E3 e.. aquí está o resultado. Non é ui monográfico, pero case case.
    Biquiños e apertas! En sete días volvemos coma sempre e con todas as seccións e, agardamos, con todas as voces da Gruta ao completo!
    1 hr 41 min

About A Gruta de Gizamaluke

From the publisher's feed

O teu podcast sobre videoxogos en galego. Un falangullo onde repasamos a actualidade da industria, conversamos sobre títulos, analizamos xogos e, en xeral, estamos de parola.