A Gruta de Gizamaluke

A Gruta de Gizamaluke

By Revista MorcegoLeisureVideo Games
Download on the App Store

A Gruta de Gizamaluke episodes

  • A Gruta de Gizamaluke - 2x24
    Nova semana, novo programa, mesmas voces: Juan, Sara, Charlie e Ana. Vivos e sen virus (aínda).
    Novas do día (10m 50s):
    - Un verán sen E3
    - Horizon: Zero Dawn para PC
    - Novo xogo de The Witcher
    - CoD xa ten o seu battle royale de balde, Warzone.
    - Máis titulares
    Xapón con Lacón (vegano) :: O retro en Xapón (59m 52s)
    A que estamos a xogar? (01h 11m 40s) :: Superhot, Ori and Will of the Wisps, FF VI, Roller Champions...
    Éche o que hai (01h 25m 49s)
    Presta ou Rosma? (91h 29m 47s)
    1 hr 45 min
  • A Gruta de Gizamaluke - 2x23
    Charlie, Sara, Ana e Juan volven abrir as portas da Gruta. A actualidade do videoxogo está no fondo.
    Novas do días:
    - Xbox Series X e PS5, o que sabemos e o que non sabemos
    - Resumo do Libro Branxo do Videoxogo 2019
    - A incrible historia do videoxogo no Salón do Libro de Pontevedra
    - Os novos gameplays de Resident Evil 3
    - Máis titulares
    Xapón con Lacón :: Zombis e máis zombis
    A que estamos a xogar? Final Fantasy VII Remake, claro.
    Éche o que hai :: con Diego Pazos
    Presta ou Rosma?
    2 hr 8 min
  • Monográfico :: Chimpando polo medio adiante
    Nova semana, última de febreiro, polo que toca monográfico elixido no noso Patreon.
    Nesta ocasión afondamos na definición e na historia dos xogos de plataformas, un xénero marabilloso, tamén nos seus heroes e títulos máis importantes, namentres tentamos visualizar o seu futuro.
    Graciñas por poñer as orellas! Apertas!
    1 hr 58 min
  • A gruta de Gizamaluke - 2x22
    De douses vai a cousa, só de douses o día que estamos tres. Charlie, Juan e Ana baixan gruta abaixo falando do seu.
    Novas do día (10m):
    - Tamaño do Final Fantasy VII Remake
    - Reportaxe deste mes do Patreon (Dificultade e videoxogos)
    - Animal Crossing e o seu directo
    - SSB. Ultimate rematará este ano cos seus Pass
    - Máis titulares
    Xapón con Lacón (vegano) :: Recreativas II (44m 49s)
    A que estamos a xogar? (55m 33s)
    Éche o que hai :: Persona 5 e a censura (1h 08m 53s)
    Presta ou Rosma?
    1 hr 35 min
  • A gruta de Gizamaluke - 2x21
    Seguimos afondando na nova cifra, nos felices capítulos vinte.
    Novas do día:
    - Nintendo atopa os responsábeis da filtración de Escudo e Espada
    - Nova patente de Sony para prestar axuda nas partidas
    - O E3 e as súas novas ausencias
    - Anthem e o seu redeseño total
    - Máis titulares
    Xapón con Lacón :: As recreativas e os seus edificios
    A que estamos a xogar?
    Éche o que hai :: con Diego Pazos
    Presta ou Rosma?
    1 hr 47 min
  • A Gruta de Gizamaluke - 2x20
    Novo capítulo, nova cifra, nova vida!
    Novas do día (12m)
    - Kickstarter de The Wonderful 101
    - Vinte anos dos Sims
    - Dan Houser abandona Rockstar
    - A Biblioteca Nacional conservará videoxogos
    - Máis titulares...
    Xapón con Lacón :: Captain Tsubasa (1h 12m)
    A que estamos a xogar? (1h 23m) :: Legends of Runeterra, BOTW, Florence, The Witcher 3, Dark Souls, Kentucky Route Zero...
    Éche o que hai :: con Diego Pazos (1h 52m)
    Presta ou Rosma (1h 56m)
    2 hr 19 min
  • Monográfico :: Collendo o mando con Son Goku
    Charlie e Juan repasan a traxectoria repasan xunto a Alberte Fernández a traxectoria vital de Son Goku, o gran heroe da nosa xeración, dentro do medio dos videoxogos.
    Unha viaxe polo significado persoal do personaxe de Akira Toriyama e un repaso aos títulos máis relevantes de consolas e PC.
    1 hr 41 min
  • A Gruta de Gizamaluke - 2x19
    Charlie, Sara, Ana e Juan volven abrir as portas da Gruta. Que esconden as súas galerías?
    Novas do día (07m 34s):
    - Cambios na estrutura de Ubisoft
    - Temtem, o xogo que quere papar a Pokémon
    - Tencent mercará Funcom e a licencia de Dune
    - A nostalxia de Kakarot e Oliver e Benji
    - Máis titulares...
    Xapón con Lacón :: Biohazard = Resident Evil (01h 09m)
    A que estamos a xogar? PUBG, The Witcher 2/3, BOTW... (01h 21m)
    Éche o que hai :: con Diego Pazos (01h 39m)
    Presta ou Rosma? (01h 42m)
    2 hr 5 min
  • A Gruta de Gizamaluke - 2x18
    Novo capítulo, como cada semana. Charlie, Sara, Juan e Ana entran de na Gruta de Gizamaluke para conversar e rir un anaco.
    Novas da semana (10.48)
    - O novo E3 e a repetida ausencia de Sony
    - Os atrasos de Cyberpunk 2077, Final Fantasy VII e Marvel's Avengers.
    - Máis titulares...
    Análise :: Bloodstained: Ritual of the Night (01.11.43)
    A que estamos a xogar? The Witcher 2, Link's Awakening, League of Legends... (01.25.15)
    Éche o que hai, con Diego pazos (01.38.01)
    Presta ou Rosma?
    1 hr 57 min
  • A Gruta de Gizamaluke - 2x17
    Micro na man, imos baixar pola Gruta!
    Nova do día:
    - Tencent realiza unha inversión de capital en Platinum Games
    - Sony presenta o logotipo de PlayStation 5
    - Resumo do Pokémon Direct
    - Twitch e Amazon, unhas contas que non saen
    - Máis titulares
    Análise - Shadow Tactics: Blades of the Shogun
    A que estamos a xogar? Child of Light, GRIS, Hello Neighbour, Steep, Ape Out, Magic Arena, The Witcher...
    Presta ou Rosma :: A vida non sempre é boa
    2 hr 16 min

About A Gruta de Gizamaluke

From the publisher's feed

O teu podcast sobre videoxogos en galego. Un falangullo onde repasamos a actualidade da industria, conversamos sobre títulos, analizamos xogos e, en xeral, estamos de parola.