Neste episodio nárrase a independencia de Portugal na Idade Media, tendo como protagonista a Enrique de Borgoña e Alfonso VI. Coñeceremos as causas fundamentais que provocaron que un condado pertencente a León, se separase da súa órbita e decidise irse polos seus propios derroteiros. O nacionalismo non vai ter nada que ver, pois é unha característica exclusiva do século XIX.