Con este episodio comezamos a séptima tempada de Descifrando a Historia en formato podcast. Son xa máis de 100 episodios nos que tratamos moitos e diversos temas e sei que a prehistoria non é do que máis falo por iso decidín comezar este ano cun episodio sobre un dos temas máis impactantes de Galicia: Cova Eirós.
A Galicia de finais do XIX e comezos do XX foi unha terra moderna. Con avances tecnolóxicos e sociais que dalgunha forma se truncaron en 1936 e que a nós chegou apenas un recordo. O historiador Lourenzo Fdez Prieto publicou un libro hai unhas semanas no que fala arredor de todos eses temas que deben ser recordados.
Sabemos que Bretaña ou Irlanda teñen moitas cousas en común con Galicia, pero... e Escocia? Falamos con Manuel Gago que leva anos estudando os paralelismos entre ambas terras na súa historia, xeografía, idiosincrasia, relacións persoais, etc.
Os celtas e Galicia, quizais a cuestión histórica e historiográfica máis polémica e fermosa que temos. Moitos historiadores e historiadoras dan argumentos a favor, outros en contra. Hoxe quero falar cun especialista neste tema, Martín Fdez Calo.
Manuel Blanco Romasanta naceu en Esgos (Ourense) e probablemente naceu como muller. Con 15 anos xa aparece como home. Asasinou a mínimo trece persoas entre 1845 e 1852. Cando o detiveron dixo que foi porque se transformaba en home lobo. Real ou unha estratexia? O certo é que lle serviu para conmutar a pena de morte por cadea perpetua. Escoita este marabilloso programa con Manuel Rial.
Vivir da historia é moi difícil. Ou iso din algúns. Hoxe falamos con Mercedes Vázquez Bertomeu, que xunto con outras socias, teñen unha emrpesa que se dedica a historia, nin máis nin menos.
Fálase galego no Bierzo? Pódese estudar a nosa lingua na comarca veciña? A estas preguntas responde Sara Rodríguez experta no galego do Bierzo e estudosa do mesmo. Para escoitar e aprender.
Pensamos que sabemos todo da Revolución de 1846 pero se escoitamos a Cesár Caramês e as súas últimas explicacións decatarémonos que hai cousas que non se explicaron ben. Con intención? Acompáñanos neste trepidante podcast.
As comarcas galegas foron unha división territorial de finais do s. XX. Na actualidade hai debate sobre se funcionaron e cumpriron co seu papel e diso queremos falar co especialista Borxa Neira, que ten traballos ao redor deste tema. Compartide!