Os avances en comunicacións so esenciais nas tecnoloxías do noso día a día pero, en moitas ocasións, non teñen un importante impacto mediático. Desde a pagar co móbil, un reloxo intelixente ou dispositivos de realidade aumentada, todos teñen a necesidade de que a transmisión de información inalámbrica sexa eficiente e sinxela. Tamén cos coches intelixentes, con sistemas que requiren información masiva. E neste ámbito traballa Dariel Pereira, experto do Centro de Investigación en TIC (CITIC) dentro do programa 3i-ICT. Falamos con el en O Descodificador para afondar nestas innovacións ocultas que cambian o noso día a día.