Referente cultural absoluto do último século, premio Nobel de Litertura, estandarte da contracultura, Óscar á mellor canción, revolución nun só home e artista alérxico ás etiquetas, Robert Allen Zimmerman tamén é un dos bluesmen brancos máis lonxevos e senlleiros. De feito, leva tocando o xénero que nos ocupa desde o inicio da súa carreira ata o día de hoxe, en que os seus recitais evocan a atomósfera dos vellos clubes en que se curtiron os seus ídolos de xuventude. Aos seus 82 anos, Bob Dylan segue máis vixente que nunca, e este episodio é unha retrospectiva das súas pezas de blues máis senlleiras. Ademais, o noso presentador, Eduardo Herrero, devoto seguidor do bardo de Minnesota, achéganos unha das composicións da súa banda, En Casa del Herrero, inspirada precisamente nun tema de Dylan.