Neste capítulo falamos sobre o substrato que inda nos queda e os datos, que se conservan, sobre ritos e cultos neste fin do ciclo solar, o solsticio de inverno, onde noso protagonista será o sol que morre e renace, e con el festividades, rituais e seres vinculados a antigas divindades supremas
Neste capitulo facemos unha pequena viaxe polo período de dominación romana na nosa Terra, entrando sobre todo en dous puntos, os contactos e cambio cultural, e logo cultos e nova mitoloxía greco-romana
Este capítulo é a continuación do anterior, onde veremos como a Cristianización vai transformando e modificando o mundo pagán anterior, así comezan seus mitos, que de base son moi similares pero todos cun substrato anterior.
Neste capitulo falamos de como a relixión cristian comezou a transformar e manipular as anteriores lendas e mitoloxía tradicionais, facendo uso de ate relatos bíblicos, aparicións marianas ou santificando os lugares, pero, deixando o legado e rito anterior moi marcado.
Colaboran Tomé Martínez, David Outeiro e Santiago Pazhin ñ.
Muito temos falado dos penedos e súa maxía na nosa Terra, os veciños de todas as parroquias galegas, teñen seus penedos emblemáticos, simbólicos e con encantamentos.
Muitos destas pedras teñen un legado e substrato que se vai moi atrás, hoxe elas serán nosas protagonistas.
Un pequeno viaxe histórico que intentará dar resposta a un dos maiores enigmas de nosa historia galaica; ¿quen estará enterrado en Compostela?
Falaremos do posible orixe ancestral do Camiño, do santuario e ídolos pagans da reina Lupa no lugar, do mito do apóstolo e como non, da vida e o enigmático lugar de enterramento de Prisciliano, o último druida galaico e primeiro santo/mártir.
Neste programa remataremos a tempada como a comezamos, se no primeiro capitulo, na primeira semana de cuarentena falamos de como poderia reaccionar a sociedade do século XXI ante un problema global, agora analizaremos o desenlace 21 semanas despois.
Tamén falaremos doutras posibles problemáticas a nivel mundial como pode ser o cambio climático.
Nesta ocasión, seguindo unha liña cronolóxica falaremos de heroes e persoaxes da nosa historia, que o seu redor formaron o mito e a lenda, quedando así inmortalizados.
Tanto masculinos como femeninos, nosa cultura popular sigue contando os contos destas persoas a través do tempo.
1 hr 35 min
About A Outra Porta - Radio Nove Galicia
From the publisher's feed
Da man de Jonathan Zúñiga, abrimos a porta do misterio para entrar nun mundo descoñecido.
Misterios, seres escuros e misticos, caso estranos sen resolver, o mundo máxico que non se ve, ordes secretas, expedientes desclasificados.
Síguenos e camiña con nos por un mundo descoñecido.
"E RECORDADE QUE A NOITE E ESCURA, E ALBERGA HORRORES"