No Episodio 23 do COMO QUE NON?! Bea Serén participa nuns TODÓLOG@S no que o noso oínte Dani Patas pregunta se preferimos teleportarnos ou ler mentes. Dani Lorenzo trae ao seu Mundo Paquitof a historia da Portsmouth Sinfonia, a peor orquestra do mundo. Fernando RqR volve co seu Camaleón para atender a petición que lle fixo hai tres episodios Belén Vara. Alejandro Martínez "Pini" analizará unha nova Efeméride Aleatoria. Prometémoslle a Pepe Capelán que no vindeiro episodio volverá o CCC. Fran Rodríguez segue a manter os contidos do programa a raia. A parte musical está protagonizada por Cedecé, acompañado nesta ocasión por Rober Carcos, que nos interpreta EN DIRECTO o tema "Por mucho que me duela". Dirixe e presenta, Carlos Tresandí.