Neste oitavo programa de Descifrando a Historia traemos unha conversa co Comité de Memoria Histórico da comarca de Celanova. Contan a historia da cruz, por que a queren retirar, que pretenden facer despois, con que apoios contan, e cando será posible que se leve a cabo tal procedemento. Recordemos que a cruz de Celanova leva sendo un motivo de polémica desde hai unhas semanas, saíndo nas noticias dos xornais galegos, como Faro de Vigo ou La voz de Galicia.