Neste 14 episodio de Descifrando a Historia, falamos con Bruno Rúa, que se dedica a recuperar o patrimonio material e inmaterial da comarca de Monterrei-Verín, a cal el lle chama Tamagania. Facemos un repaso de como naceu este proxecto, que curiosidades se atopou co paso do tempo, como lendas lle axudaron a atopar petroglifos, e moitas máis historias para reivindicar o patrimonio rural galego.