Todos os podcast | A tarde

A tarde 02-03-2026


Listen Later

Os nosos oíntes suxírennos remedios caseiros para males comúns e a bióloga Marina Castro explícanos que herbas medicinais podemos utilizar para cada caso. Imos ao Salnés para coñecer a Leandro Fernández, un pioneiro do cultivo de aguacates en Galicia. Xa podemos ler en galego "Tortura branca", o libro de Nargas Mohammadi no que recolle testemuños de mulleres iranianas encarceradas. Falamos coa súa traductora Fe González. A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, explícanos en que consiste a campaña "Somos as mulleres que construimos Camariñas". A representante da empresa de Recursos Humanos Grupo Clave, Elena Murillo, cóntanos como capta traballadores no estranxeiro para compañías españolas. Escoitamos as queixas dos camioneiros sobre o mal estado da A52 en Ourense e as dos veciños da Cidade Vella da Coruña polas molestias que lles causou o rally celebrado a pasada semana. Iván Carril desvélanos os plans de Meta de introducir publicidade en Whatsapp. Fernando Losada explícanos como van reconvertir os Cines Viveiro nun centro cultural e Rafael Quintiá fálanos de seres da mitoloxía galega.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Todos os podcast | A tardeBy AGalegaAudio