Por que coleccionar camisetas deportivas? Preguntámosllo a Guille Losada e a Pepo Suevos, que gardan centos delas. Conversamos cun apicultor de Lalín premiado en numerosos certames internacionais, o propietario de Dezabellas, Álvaro Martínez. Paloma San Basilio preséntanos a obra teatral "Dulcinea", que pronto vai representar en Ferrol. Paseamos na Coruña pola feira Biocultura e en Vigo polo Salón do Atomóbil. O alcalde de Ribadumia, Daniel Castro, cóntanos por que o Concello homenaxea ás mestras. O concelleiro de Ordes, Pablo Vázquez, convídanos a Festa do Lacón con Grelos de Mesón do Vento. Coñecemos a Brenda Neto, que con 23 anos rexenta un taller mecánico en Ourense. José Bernardo fálanos dos seguros agrarios. Entrevistamos a Chus Villar, directora da galería Nordés da Coruña, a única galería galega presente en ARCO. O astrónomo Borja Tosar explícanos como se producirá a extinción da vida na Terra.