Todos os podcast | A tarde

A tarde 15-06-2026


Listen Later

Desprazámonos a Burela para asistir ó festival "De cabo a cabo", que se celebra coincidindo co partido entre a selección española e a de Cabo Verde no Mundial de Fútbol. Conversamos coa alcaldesa, Carmela López, sobre o modelo de integración de Burela, unha localidade de 10.000 habitantes con persoas de 52 nacionalidades. A alcaldesa explica que o festival responde a presenza de caboverdianos na vila dende hai máis de 40 anos. O tenente de alcalde, Mario Pillado, suliña que o 10 por cento da poboación de Burela ten orixe caboverdiana e ainda segue chegando xente dende ese arquipelago africano, cunha total inserción. O coordinador do Burela Futbol Sala, Alfonso Mera, apunta a este equipo como exemplo de convivencia entre rapaces galegos e rapaces de familias caboverdianas. Falamos con persoas de Cabo Verde, que din sentirse moi ben acollidos, e con algúns dos artistas invitados a actuar na festa. Con Baiuca conversamos da súa xira "Barullo", da inspiración para mexturar a música tradicional e a electrónica, dos seus referentes e dos festivais. Carlos Pereiro, Carlangas, cóntanos a etapa que vive na música recuperando as súas raíces de pop e rock de guitarras", do seu disco "Universo paralelo" e a súa intención de crear outro traballo con máis calma. Coñecemos o traballo da agrupación de música caboverdiana Batuco Tabanca con Antonina, unha das doce mulleres que a compoñen. Achegámonos ó traballo da artista plástica Alicia Alonso, con instalacións que mexturan redes de pesca e tecidos de distintos países.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Todos os podcast | A tardeBy AGalegaAudio