Cómo se chegou á actual crise da vivenda en España? Hai solucións para que as xeracións máis novas recuperen o dereito a vivir nunha casa, sen afogamento económico e sen a incertidume do aluguer? O sociólogo e investigador do CSIC Javier Gil asegura que todo se debe á especulación de grandes investidores e fortunas, endurecida coas leis do Goberno de Mariano Rajoy para favorecer a entrada dos grandes fondos estranxeiros. Gil propón distintas medidas para regular o mercado inmobiliario, como a expulsión dos fondos e limitar os pisos turísticos. En conversa con Mónica Maneiro, Iñaki Martínez Antelo, comisario do proxecto "Infiltracións" do Museo de Pontevedra, preséntanos a exposición "Mudanzas" da artista plástica Ira Lombardía, na que reflexiona sobre a emigración e a morriña inspirándose en traballos de Lugrís, Castelao ou Goya. Descubrir historias, curiosidades e lugares dos concellos galegos e trasladar todo iso ás redes sociais é o obxetivo do proxecto 313, gañador da X Bolsa Nacho Miras para xornalistas noveis. Paula Castelar explica destalles do traballo que realiza xunto a outros 2 xornalistas. Conversamos sobre acoso escolar cun rapaz vigués de 13 anos, Yago Rodríguez, que gañou o premio Liste por un relato sobre este problema con reflexións sobre a empatía e a convivencia.