Todos os podcast | A tarde

A tarde 17-06-2026


Listen Later

Coñecemos a aldea fantasma de Chaioso, unha celebración de medo que ten lugar nesta poboación de Maceda a mediados de agosto. Emiliano Rodríguez, un dos organizadores, cóntanos que arredor de cen veciños se caracterízan para converterse en criaturas e personaxes terroríficos e transformar esa pequena aldea nun lugar cheo de sorpresas arrepiantes. A festa leva celebrándose dende hai máis de 20 anos.
Comezou a presentación por Galicia das Rutas Enoturísticas das Indicacións Xeográficas Protexidas, en colaboración cos GDR. José María Tobío, coordinador, explícanos que estes itinerarios queren dar a coñecer non só as adegas e os viños, senón tamén a paisaxe, o patrimonio, a cultura e a gastronomía das cinco zonas: Barbanza e Iria; Val do Miño-Ourense; Betanzos; Ribeiras do Morrazo; e Terras de Navia, en Negueira de Muñiz.
Un de cada 10 afogamentos rexistrados en Galicia é unha tentativa de suicidio, segundo un estudo realizado por investigadores da UDC, o grupo Remoss da UVigo e médicos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. José Palacios, profesor xubilado da UDC, incide en que detrás dos suicidios na auga hai persoas con problemas mentais, que -na súa opinión- deben contar sempre co apoio constante dos seus achegados.
Conversamos con Miguel de la Cierva, xerente do Naútico de San Vicente, sobre "Atlantia", un festival dedicado ás mulleres na arquitectura.
E contamos ademais con Nuska Chousa
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Todos os podcast | A tardeBy AGalegaAudio