Todos os podcast | A tarde

A tarde 18-06-2026


Listen Later

Vivimos A Tarde no monte do Gozo para asistir ós últimos preparativos e ó arranque do festival O Son do Camiño 2026. Transmitimos o ambiente previo e a enerxía dos asistentes coas distintas actuacións, especialmente co primeiro concerto, o do galego Habló Pablo. Nos minutos previos contounos a ledicia de formar parte do Son do Camiño por primeira vez e da súa escolla para esta actuación. Disfrutamos de temas dos artistas nesta primeira xornada, como Kate Perry, Dani Martin, Carlos Ares, The Molotovs e Barry B ó tempo que falamos cos moitos asistentes: das súas preferencias musicais, da elección da roupa, de cómo van pasar estes 3 días. Isabel Insúa, do departamento de Comunicación, salienta dúas características do Son do Camiño: a converxencia de figuras internacionais da música, músicos nacionais e artistas galegos emerxentes; e a enerxía deste evento pola importante asistencia de público galego. Sen rematar esta oitava edición, o cartel da seguinete está case pechado e a organización traballa na programación do 2028. Conversamos sobre os puntos violeta do festival, onde se presta axuda e se pode presentar unha denuncia por agresión ou acoso. Olalla Garcia e Nerea Nater indican algunhas recomendacións para evitar estas situacións e, sobre todo, a sumisión química: estar con amigos, atención sempre á nosa bebida e non beber de vasos de descoñecidos. Santiago Villanueva, director xeral de Emerxencia, explica o operativo montado para este festival, o que acoden máis de 40.000 persoas cada día. Caídas, insolacións, deshidratacións e intoxicacións etílicas son os principais problemas. Villanueva lanza unha mensaxe de tranquilidade porque cada xornada están despregadas unhas 400 persoas entre persoal de seguridade, persoal médico, de emerxencias ou bombeiros, que se completa con moitos medios, incluido un hospital de campaña.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Todos os podcast | A tardeBy AGalegaAudio