O Museo de Ciencias e Tecnoloxía da Coruña vai desenvolver dende xullo un programa especial de actividades arredor da eclipse total de sol que se poderá observar o próximo 12 de agosto e tamén as que se van producir en España nos anos 2027 e 2028. O director do MUNCYT, Fernando Luis Fontes, indica que se explicarán detalles sobre este fenómeno, cómo observalo sen risco, pero tamén se ofrecerá información xeral sobre o cosmos. A intención é crear interese pola astronomía e o universo. O noso colaborador Borja Tosar, astrónomo do Centro de Pena Trevinca, falános do solsticio de verán, das galaxias e a materia. Coñecemos a app NOES3, unha aplicación encamiñada a xestionar o estrés con pequenos retos diarios, un proxecto elixido entre 3.000 e que precisa de axuda para sair ó mercado. A súa creadora, a doutora en Psicoloxía Rita Louzán, fálanos dos factores do estrés e propón técnicas como o uso do temporizador ou a 4-7-8, utilizada polos marines dos EEUU para durmir. Achegámonos as distintas opcións que ofrece o mercado para manter fresa a vivenda durante a época de altas temperaturas. O técnico especialista Andrés Breijo cóntanos as alternativas, as vantaxes e e desvantaxes así como o custe de distintas alternativas, dende o os ventiladores ós sistemas de climatización.