Todos os podcast | A tarde

A tarde 22-06-2026


Listen Later

Coas altas temperaturas apetece levar un calzado fresco e moitas persoas apostan polas chanclas. Son saudables? Pódense levar sempre? A podóloga Sara Touceda explica que en praias e piscinas protexen os pes de infeccións e feridas, pero non se debe abusar. A falta de estabilidade e a escasa suxección deste calzado pode provocar tensións e mesmo patoloxías se hai un uso excesivo nos meses de verán. É o Día Mundial da Muller Sen Roupa Interior e María Luisa Ríos, que ven de xubilarse tras 44 anos na mercería Luisa de Santiago de Compostela, expón con qué prendas resulta mellor non levar roupa interior. Tamén nos comenta os diferentes tipos de tangas e bragas, o material máis axeitado para estas prendas e as recomendacións de lavado.
Conversamos na distancia con Esteban Batallán Cons, primeiro trompeta na Chicago Symphony Orchestra, recoñecido cunha das medallas Castelao 2026. Batallán cóntanos o seu día a día e a súa traxectoria dende que entrou, con 6 anos, na Escola de Música de Barro, animado polo seu pai. A colaboración entre a marca Pull&Bear e o Concello de Camariñas deu como resultado unha colección cápsula de roupa e complementos con encaixe de Camariñas, posta a venda o pasado venres. Dolores Lema, directora da mostra presentada en Madrid, cóntanos esa simbiose entre o liño e o encaixe e o seu obxetivo prioritario: achegar o traballo artesán á xuventude.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Todos os podcast | A tardeBy AGalegaAudio