En Pazos de Borbén crearon unha plantación de pistachos. Explícanos por que o seu impulsor, o presidente da Comunidade de Montes de Amoedo, Rubén Míguez. Falamos de festivais de música. Tito Lesende lévanos ao Emigrason, a embaixada da música galega en Bruxelas, e Joaquín Enríquez e Lucía Pérez preséntannos o Talentiño, o certame para xente nova que se desenvolve en Ferrol. Visitamos en Vigo o Farmafest, un orixinal congreso do sector farmacéutico e dos laboratorios da saúde. Raul Villares lévanos a unha droguería da Coruña que abriu en 1934. A doutora Odile Fernández fálanos dos suplementos que poden mellorar a nosa calidade de vida. Conversamos cun experto en pombais, Mario Outeiro. Asomámonos ás coleccións reais do Patrimonio Nacional coa axuda do seu director, o lugués Víctor Cagiao. E ademais Nusca Chousa traenos os seus consellos para coida-la horta.