Orzamentos “históricos” para A Estrada
Máis de 16 millóns para a autovía
e novos proxectos de vivenda e solo industrial.
Louzao: “É un investimento sen precedentes”
⚖️ Pero non todos o ven igual…
O voceiro socialista López Bueno acusa á Xunta de
“ningunear” á Estrada nos orzamentos de 2026
A maxia do Nadal xa ten data!
5 de decembro, aceso oficial con
✨ 116 arcos e máis de medio millón de luces LED!
A cultura abre o noso finde!
A Estrada estrea a zarzuela galega “A lenda de Montelongo”
Con talento local e música en directo
Teatro Principal, sábado ás 19:30
️ Radio Estrada en directo dende alí!
️ Buscamos voz nova en Radio Estrada!
Oferta de emprego para locutor/a con tarefas técnicas.
Media xornada e moitas ganas de radio
En Cerdedo, os veciños fórmanse en primeiros auxilios
ante a falta de ambulancia no PAC.
⚕️ Iniciativa promovida pola estradense Loyola Silva.
️ En Teo, ruta polo románico este domingo!
Da man do Colectivo A Rula, percorrido por tres igrexas
e unha mañá de historia e patrimonio
♂️ As vellas glorias do ciclismo volven ás rúas de Caldas!
Este sábado 25, cita para os nostálxicos das dúas rodas
☔ Máis choivas á vista, confirma Joel Cid de Meteogalicia ️
Farmacia de garda: Eirín, Rúa Serafín Pazo, 36.
O que pasa na Estrada, pasa por aquí
#RadioEstrada #AEstrada #OQuePasaNaEstrada