Feira do Moble da Estrada
Xa está en marcha a 37ª edición da Feira do Moble! Esta mañá presentouse oficialmente no recinto feiral da Estrada. Deseño, innovación e tradición, todo nun mesmo espazo.
Axudas deportivas na Estrada
O deporte local recibe un impulso: 104.100€ repartidos entre 29 clubs e deportistas federados. O Concello aposta polo talento estradense.
♂️ Críticas ás piscinas municipais
“Unha chapuza”: así define o PSdeG da Estrada a obra das piscinas municipais. Piden responsabilidades ao goberno local.
Novas musicais
Tequexetéldere. Matricula aberta ata o 24 de setembro.
Latexo Percusión ofrece obradoiro aberto a todo o público, mañá en Guimarei
A UNED lanza curso de percusión tradicional galega en Pontevedra e Portas
Campo Lameiro: arte rupestre internacional
Campo Lameiro convértese en epicentro da arte rupestre atlántica. Os días 20 e 21 de setembro celébranse as primeiras xornadas internacionais. Historia viva!
Boqueixón: novas Casas do Maior
Boqueixón amplía os coidados: dúas novas Casas do Maior en Camporrapado e Lamas con 20 prazas dispoñibles.
♀️ Galicia no BTT nacional 2026
Galicia pedalea cara ao protagonismo nacional! Cuntis e Cerdedo Cotobade entre as seis probas de elite no calendario BTT 2026, incluíndo o Campionato de España de Enduro en Ares-Mugardos.