
Sign up to save your podcasts
Or


PRESENTACIÓN. A gran familia de Cuac. O coronavirus (por suposto): eventos cancelados, micros que non se tocan e jotas que se pronuncian.
MÚSICA. "Black Box", Anarchics.
NOVAS. A ONU reprende a España pola violencia obstétrica nun parto en Lugo en 2009.
ECONOVA. 3 bulos sobre a contaminación nas cidades. O último Eurobarómetro di que España é o país da UE máis preocupada polo cambio climático.
MÚSICA. "Like a prayer", Postmodern Jukebox.
ENTREVISTA. Carmen Elsa, compañeira que vai empezar un programa en Cuac FM chamado Sen Tempo Morto os venres ás 17h, sobre que facer co tempo morto, porque quen se aburre é porque quere. É Historiadora do Arte e fixo un TFM titulado "Da risa enlatada á poscomedia: a evolución da ficción televisiva humorística estadounidense nas primeiras décadas no S.XXI".
AUDIO DO MANIFESTO DO 8M.
PRESENTACIÓN. O Goberno recorre a indemnización á familia Couso decretada pola Audiencia Nacional.
MÚSICA."You", Aretha Franklin.
ENTREVISTA con Serxia, Carlos e Inda, do proxecto Fungal Biomaterials, onde producen un material moi semellante ao coiro a partir de fungos e bacterias para facer marroquinería. No proxecto están involucrados o IES Fernando Wirtz e o IES Sardiñeira. Non só pretende ser un negocio de futuro para xente que agora mesmo está estudiando, senón que teñen en conta o ecoloxismo, como o traballo en residuo cero, e o feminismo, como o impulso de mulleres en estudios STEM e de homes en coidados.
MÚSICA. "Walking blues", Bonnie Raitt.
ENTREVISTA. Noelia Teijeiro, de Galegas 8M. Haberá manifestación o día 8 ás 12h desde o Obelisco á Praza de Tabacos. Baixo o lema "Sen Coidados Non Hai Vida", visibilizarán a importancia do traballo invisible da maioría das mulleres.
ECONOVA. A desaparición de insectos debido á acción humana: cambio climático, agricultura intensiva, luz artificia, etc. Falamos en especial de abellas, abellóns (máis polinizadores que as abellas) e lucecús.
MÚSICA. "Rara", Georgina.
NOVAS. Protesta na Agra do Orzán reclamando que non se permitan edificacións no futuro parque da Agra.
PRESENTACIÓN. O adianto electoral. Presentamos aos nosos inviados. ELA: Elas Son Artistas.
MÚSICA. "Arizona", ByWater Call
ENTREVISTA. Con Jacinto Ruíz, escritor de "Cuatro Casas para la Ciencia" sobre os Museos Científicos Coruñeses, e Ramón Núñez Centella , pai destes museos e o seu director entre1985 e 2008. Ramón contounos cousas moi interesantes sobre como se idearon e naceron estes museos. Deixounos con boa gana de mercar o libro de Jacinto para saber máis!
MÜSICA . "Azoteas", Ainoa Buitrago
DESPEDIDA. Anunciamos os actos de Cuac FM polo Día da Radio: dous directos de 18 a 20h nos Centros Cívicos de Elviña (mércores 12) e Os Rosales (xoves 13). Anímate a vir! E non confundas o CC de Elviña co de Monelos!
TITULARES. Suba salarial do funcionariado da Coruña. A racha victoriosa do Dépor. Parabéns a Ana Pontón pola súa maternidade. II Encontro de Mulleres Radiantes.
MÚSICA. "Tractorada", Os Rastreros.
II ENCONTRO DE MULLERES RADIANTES. Crónica do Encontro celebrado a pasada fin de semana na Coruña.
MÚSICA. "Love and simpathy", Los Bravos.
ECONOVA. Microsoft avanza no seu compromiso coa sostibilidade. 2019 foi o ano máis verde da década no sistema eléctrico español. Uruguay funcionou ao 98% con enerxías renobables en 2019. Empregabilidade no campo das renovables. Gales traballa por converterse en líder mundial de reciclaxe.
NOVAS. A Solana será pública. Terreos vendidos por Defensa na Maestranza para construción de vivendas. Vai rematar o prazo dos obradoiros da Normal o venres 24 de xaneiro, que non se vos pase!
ENTREVISTA. Mar Sánchez Fraga, do Espazo Cultural Normal, nos fala das actividades actuais e dos cursos que se ofrecen.
INTRODUCIÓN: O pre-Nadal. Os pactos de goberno.
MÚSICA: "Mi grito", Pedro Pastor y los Locos Descalzos.
ENTREVISTA: Víctor Grande anuncia a última intro do ano no BaBa Bar, "Se masca la comedia", e fala da súa experiencia coma guionista en "Vir polo vento".
ECONOVA: O tráfico entrante na Coruña. A futura operadora enerxética municipal da Coruña. Suspenden o fracking no Reino Unido. (E borrade os mails da papeleira!!).
MÚSICA: Sway Wild
ENTREVISTA: Jacinto Ruíz, que presenta o xoves 19 ás 20:00h na Fundación ONCE a novela "3 días y medio". Tamén nos fala da súa faceta coma pintor.
From the publisher's feed
Programa emitido cada mércores de 19:00 a 20:00 horas.
Alegría comezou a emitirse en outubro de 2003 e dende entón non falla nas ondas de CUAC FM. Cada tempada tentamos aprender un pouco de todo e que ti o fagas con nós.
Falamos de política, temas de actualidade, realizamos entrevistas case en cada programa e adicamos uns minutos á Econova de Bea Ulalume.
Todo iso misturado con boa música e un pouco de humor se o tema o permite. Cada martes ás 18 horas en directo.
Máis Alegría en:
www.facebook.com/groups
http://www.ivoox.com/podcast-alegria-cuac-fm_sq_f124193_1.html