
Sign up to save your podcasts
Or


No programa de hoxe, 14 de maio de 2025, fixemos unha breve despedida a Pepe Mújica, o gran político falecido onte. Tamén comentamos que CUAC é finalista nos Premios Martín Codax da Música 2025 e que podes votar para que teñamos máis posibilidades para que levemos o premio, na segunda ocasión que chegamos á final que será en Pontevedra o día 28 de maio.
Esta é a web para votar: https://premiosmartincodaxdamusica.gal/inicio
Prazo ata o 25 de maio. Debes rexistrarte e votar polo menos a 5 proxectos.
E o mais importante do programa de hoxe. Moitas familias están afrontando un problema moi serio ante o cambio drástico das condicións para acceder a un aluguer social no barrio de Xuxán. Unha cooperativa con sede en Madrid logrou terreos cedidos pola Xunta de Galicia para construir catro bloques de vivendas. Ainda non comezaron as obras e piden moitos máis cartos dos previstos inicialmente.
Algo raro está a suceder e Irene Medín, insistindo en que non representa a ninguén, que simplesmente conta o que ela está a vivir como afectada, contounos moitos datos interesantes e preocupantes ao mesmo tempo se a Xunta de Galicia toma este tipo de "xestión indirecta do problema de vivenda" como modelo a replicar en máis sitios.
Cunha breve investigación ao rematar o programa, Mr. Bugalú comezou a atopar conexións sospeitosas do Presidente da Cooperativa Galivivienda (con sede en Pozuelo de Alarcón, pese ao nome) Iván Blanco Fernández. Que tamén figura como presidente da Unión Gallega de Cooperativas de Viviendass https://ugacovi.org/organo-de-administracion/ (con toda a súa web en español).
Hai novas localizables sobre este señor como esta: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/cee/2018/07/10/propietarios-costa-da-morte-sufren-coletazos-anos-ladrillo/0003_201807C10C5992.htm
From the publisher's feed
Programa emitido cada mércores de 19:00 a 20:00 horas.
Alegría comezou a emitirse en outubro de 2003 e dende entón non falla nas ondas de CUAC FM. Cada tempada tentamos aprender un pouco de todo e que ti o fagas con nós.
Falamos de política, temas de actualidade, realizamos entrevistas case en cada programa e adicamos uns minutos á Econova de Bea Ulalume.
Todo iso misturado con boa música e un pouco de humor se o tema o permite. Cada martes ás 18 horas en directo.
Máis Alegría en:
www.facebook.com/groups
http://www.ivoox.com/podcast-alegria-cuac-fm_sq_f124193_1.html