48 horas despois da intervención militar dos EUA que rematou coa captura de Maduro e da súa muller Cilia Flores Delcy Rodríguez asume ante a asemblea venezolana a presidencia encargada, ofrécelle cooperación aos EUA, que xa insiste que están ao cargo do país. Trump pídelle a Rodríguez "acceso total" ao petróleo, avisa a Cuba, Colombia e México. Reunión de urxencia do Consello de Seguridade da ONU, reaccións en España do Goberno e partidos ao acontecido. Carmela López, alcaldesa de Burela, candidata do PSdeG á presidencia da Deputación de Lugo.