Urraca, Teresa, María e Sancha Fernández de Traba foron catro irmás pertencentes á nobreza máis
elevada da segunda metade do século XII. Sabías que estiveron implicadas dunha ou doutra
maneira no nacemento da lírica galego-portuguesa?
Falamos cos investigadores Miguel García-Fernández, do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) e da Universidade de Santiago (USC), e con José António Souto Cabo, tamén da institución académica compostelá no cuarto episodio de Raíñas de Galicia.