Xoana de Castro casou en 1354 con Pedro I, rei de Castela, pero o matrimonio foi moi efémero. Pese a escasa duración, ela reclamou o seu título de raíña ata a fin dos seus días, talvez como forma de loitar contra o repudio e garantir a súa propia seguridade.
Analizamos a fascinante historia de Xoana de Castro da man de Diana Pelaz, da Universidade de Santiago, e de Miguel García-Fernández, do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e, tamén, da institución académica compostelá.